Deseñamos

O alumnado deseña

Foto en Flickr de Paul Kelly baixo CC BY-NC 2.0

Nesta fase decidiremos a forma de conexión a Internet que consideramos máis axeitada para desenvolver o noso proxecto piloto e realizaremos un deseño para o telecentro.

Cal é o sistema de conexión máis axeitado para facer chegar Internet á nosa comunidade de estudo? Como imaxinamos que será o espazo comunitario de acceso a Internet? Que servizos ofrecerá?

 

Nesta fase:

  • Analizaremos distintas alternativas para ofrecer unha solución técnica.
  • Discutiremos e decidiremos a opción máis adecuada.
  • Realizaremos un bosquexo en 3 dimensións.
  • Dixitalizaremos os nosos deseños.
  • Compartiremos distintos formatos de documentos na Rede.
  • Utilizaremos o procesador de textos para maquetar os resultados.

 

Mais vaiamos paso a paso...

Orientacións
  • Para valorarmos as distintas propostas os membros do equipo poden facer uso do foro de discusión.
  • Recollemos as conclusións de cada apartado no documento correspondente, segundo o modelo que nos proporciona Ligamundos, e subímolo ao Cartafol de Proxecto do noso grupo.

Axuda de Ligamundos

 

 

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License