Economía e sociedade

Procuramos información sobre as condicións de vida

Nesta parte da exploración investigaremos en Internet cales son as características demográficas, sociais e económicas da comunidade que acollerá o noso proxecto.
Traballaremos co documento de texto compartido onde copiaremos e colaremos as cuestións recollidas no modelo de economía e sociedade, investigaremos na rede e completaremos o documento traballando en equipo e gardando a información no cartafol do Proxecto.

Como vive a xente? Como visten? De que viven?...

 

 

Elementos do modelo de Economía e Sociedade

 

  1. Que tipo de comunidade vive na área onde se desenvolverá o proxecto? Está habitada por etnias ou comunidades indíxenas?
  2. Describimos a continuación as características da poboación.
  3. Inserimos aquí algunhas imaxes que reflictan a forma de vida da poboación.
  4. Ligamos aquí algún vídeo que mostre o aspecto e a forma de vida dos habitantes do lugar.
  5. Explicamos aquí cal é o principal modo de vida da poboación da rexión e das persoas ás que vai dirixido o proxecto: (economía)
  6. Investigamos cal é a moneda do país: Relación das fontes de información consultadas.

 

Orientacións
  • Exploramos en Internet os datos concretos e a información descritiva (pasos 1 e 2 do modelo sociedade e economía).
  • Procuramos e copiamos imaxes na Rede e colámolas no documento (3).
  • Procuramos vídeos para ilustrar os aspectos sociais que tratamos, pescudando na sección de vídeo dos motores de búsqueda ou en páxinas máis específicas como Youtube ou Vimeo (4).
  • Buscamos datos concretos en fontes de información xeral como enciclopedias en liña...(5 e 6).
  • Recollemos as conclusións completando o modelo de Sociedade e Economía e subímolas ao Cartafol de Proxecto do noso grupo.

Axuda de Ligamundos

 

 

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License