Indixenas dixitais
Reflexionamos
Na curtametraxe brasileira Indigenas digitais, integrantes de varias nacións indíxenas relatan como as novas tecnoloxías e, principalmente, Internet están a ser ferramentas importantes na busca de melloras para as súas comunidades e nas relacións destas co resto do mundo.
Despois de visualizar o vídeo reflexionaremos e contestaremos as seguintes preguntas, referidas ao lugar onde desenvolveremos o noso proxecto piloto, no documento de texto compartido.
Reflexión e conclusión da fase de exploración:
- Cales son as principais necesidades que ten a poboación á que vai dirixido o noso proxecto piloto?
- Se nos poñemos na pel dos habitantes do noso caso de estudo:
- En que aspectos concretos podería mellorar Internet as súas vidas?
- Existen algúns aspectos nos que podería influír negativamente? Cales?
Licenciado baixo a GNU Free Documentation License