Polinesia
Arquipélago de Tonga. Illas da Polinesia.
|
|
| Fotografía en Flickr de DFAT baixo CC BY 2.0 |
A Polinesia está composta por milleiros de illas espalladas polo Océano Pacífico que comparten moitos rasgos culturais comúns.
Ademais de polas suas culturas ancestrais, as illas da Polinesia destacan polas suas paisaxes e praias paradisíacas, son chamadas o paraíso na terra.
As illas da Polinesia están sufrindo problemas derivados do cambio climático debido á subida do nivel do mar. Este problema está provocando que miles de persoas teñan que desprazarse do seu lugar de orixe porque perden as súas casas. Son os chamados refuxiados do clima.
Situación de partida:
Moitas das illas do Pacífico ou non disponen ou teñen un acceso a Internet moi precario. O Banco Mundial está desenvolvendo un proxecto de cooperación para facilitar o acceso ás TIC nestas illas, primeiro co acceso á telefonía móvil e despois coa mellora das conexións a Internet en varias illas.
O arquipélago de Tonga está formado por 171 illas, das cales apenas 45 están habitadas de forma permanente. Este programa do Banco Mundial está instalando baixo a auga un cable de fibra óptica de 830 Km que chega á capital do arquipélago de de Tonga, Nukualofa.
Programa Ligamundos: proxecto piloto Polinesia.
O programa Ligamundos quere dar continuidade a este proxecto iniciado polo Banco Mundial instalando un espazo comunitario con acceso a Internet nunha pequena illa do Arquipélago de Tonga situada a 20 kilómetros da illa principal. O proxecto piloto pretende instalar nesta illa un espazo comunitario con conexión a Internet de alta velocidade.
A pequena illa na que se desenvolverá o proxecto ten un alto valor paisaxístico, cultural e ambiental, polo que Ligamundos pretende crear no centro de Internet un servizo internacional de concienciación sobre o cambio climático e de denuncia sobre os efectos negativos deste cambio nas illas da Polinesia e na poboación (refuxiados do clima).
A partir da información facilitada imos comezar a investigar. Pasamos á fase de exploración.
Viaxamos cara á Polinesia.
Licenciado baixo a GNU Free Documentation License
