Guinea

Illa de Orango, Arquipélago dos Bixagós (Guinea-Bisau)

Orango

Fotografía en Flickr de Cyrus Farivar baixo CC BY-NC-SA 2.0


O arquipélago dos Bijagós ou Bissagos é un grupo de dezaoito illas principais e moitas outras máis pequenas no océano Atlántico.

A capital do arquipélago está situada na illa de Bubaque. Na actualidade, vinte das illas están habitadas e as demais teñen apenas pequenas poboacións de nativos. O turismo chega sobre todo ás illas principais.

As illas foron declaradas reserva da biosfera da Unesco pola riqueza dos seus bosques e a diversidade dos seus animais (tortugas mariñas, hipopótamos, monos...).

Situación de partida:

Durante o ano 2013 unha ONG creou un centro comunitario integrado con enfoque de xénero na illa de Bubaque, no arquipélago dos Bijagós. Trátase dun centro multimedia con acceso a Internet que conta cunha radio local que transmite información para todas as illas. Para ampliar información podemos consultar esta outra páxina Web.

 A illa de Orango é outra das illas do arquipélago dos Bijagós e ten unhas características moi especiais:

  • É un dos poucos matriarcados que existen no mundo.
  • É unha illa cunha riqueza ambiental moi importante.
  • Durante algunas épocas do ano queda illada por temporais no mar.
  • Conta cun hotel de ecoturismo xestionado por unha ONG  que ten acceso a Internet de mala calidade. O resto da illa non dispón de Internet nin de acceso á rede eléctrica.

Programa Ligamundos: proxecto piloto Orango.

O programa Ligamundos quere dar continuidade ao proxecto desenvolvido na illa de Bubaque creando un espazo comunitario con conexión a Internet de calidade na illa de Orango. Este espazo tratará de desenvolver o turismo sustentable na illa en colaboración co hotel, potenciará e dará a coñecer a cultura do matriarcado desta illa, promoverá actividades dirixidas á formación dos nenos e xóvenes da illa, servirá de centro de información e comunicación, especialmente cando a illa queda incomunicada polo estado do mar.
Ademais da conexión a Internet é necesario instalar un sistema de suministro eléctrico.

A partir desta información comezamos a investigación. Pasamos á fase de exploración.

 

 

Viaxamos cara a Guinea-Bisau. 

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License