Solución técnica

Estudamos e escollemos a mellor solución técnica

Cal é o sistema de conexión a Internet que nos parece máis axeitado?

Nesta fase discutiremos as diferentes alternativas posibles, escollendo a que consideremos que é a mellor solución técnica. Unha vez que tomemos esta decisión, analizaremos cales son os principais requisitos técnicos necesarios para o desenvolvemento desta modalidade.

 

Paso 1 Estudamos as diferentes formas de conexión a Internet e propoñemos aquelas que sexan máis viables tecnicamente para o noso proxecto.

 

Paso 2 Valoramos as alternativas elexidas, discutimos e decidimos entre todos cal consideramos que é a mellor solución técnica de conexión a Internet.

  • Completamos os apartados 2 e 3 do documento de Solución Técnica

 

Paso 3 Concretamos a información sobre a solución técnica escollida.

  • Ampliamos a información en Internet sobre esta modalidade de acceso.
  • Analizamos os requisitos técnicos do desenvolvemento.
  • Concretamos as conclusións.
  • Completamos os apartados 4, 5 e 6 do documento Solución Técnica.

 

Elementos do documento de Solución Técnica:

 

  1. Posibles solucións técnicas:
  2. Describimos brevemente cal é a mellor solución técnica e en que consiste:
  3. Por que é a mellor solución?
  4. Indicamos os requisitos de hardware:
  5. Outros requisitos técnicos (fontes de enerxía...):
  6. Indicamos os requisitos de software:Axuda de Ligamundos

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License