Un mapa da Rede
|
|
| Fotografía en Wikimedia Commons de Carna Botnet baixo Dominio público |
Este mapa representa con puntos luminosos as zonas do planeta nas que existen dispositivos con conexión a Internet. En 2012 un hacker anónimo realizou na Rede un interesante experimento viral sobre a seguridade dos enderezos IP existentes. O resultado foi a descoberta de millóns de dispositivos vulnerables. Preto de 450 millóns estaban "en uso e eran accesibles" durante os seus exames, ademais dos que dispoñían de devasas (firewall). En total, 1.300 millóns de enderezos IP en uso.
O último gran censo de Internet, realizado en 2006, desvelara uns 187 millóns de enderezos IP visibles, o cal demostra a incrible velocidade coa que está a medrar a Rede. Hai que dicir que detrás de cada enderezo IP existen varias, ás veces dúcias ou mesmo centos de dispositivos (ordenadores, módems de banda larga, routers de rede...). Non obstante, este hacker conseguiu mapear a Rede dun xeito que ninguén fixera antes, ofrecéndonos unha foto única da utilización global dos enderezos IP durante 24 horas.
Observemos agora o mapa, distinguindo as zonas do planeta que están máis iluminadas e cales menos .
Se analizamos o mapamundi resultante podemos observar algúns aspectos interesantes:
Onde se concentran a maioría dos dispositivos conectados a Internet?
A maioría concéntranse nas áreas máis densamente poboadas do planeta.
A maioría concéntranse nas áreas máis desenvolvidas do planeta.
A maioría concéntranse nas áreas máis urbanas do planeta.
Todas as respostas anteriores son correctas.
Cales son as zonas do mundo onde a Rede presenta menos actividade?
En xeral son as áreas máis rurais.
En xeral son as áreas menos desenvolvidas.
En xeral son as áreas con menor densidade de poboación.
Todas as respostas anteriores son correctas.
Existen lugares remotos no planeta nos que si hai unha actividade importante de Internet?
Non, todos os lugares máis afastados carecen de Internet.
Si, como ocorre en algunhas Illas do Océano Pacífico.
Si, son os lugares máis remotos os que presentan maior actividade.
Todas as respostas anteriores son incorrectas.
Existen lugares moi poboados que presentan pouca actividade en Internet?
Non, todos os lugares poboados dispoñen de Internet.
Si, os lugares máis densamente poboados, en xeral, carecen de acceso Internet.
Si, existen lugares moi poboados que non están conectados.
Todas as respostas anteriores son incorrectas.
Licenciado baixo a GNU Free Documentation License

