Comunicamos
|
|
| Foto en Flickr de Matthew Hurst CC BY-SA 2.0 |
Nesta última fase realizaremos a memoria final do proxecto piloto e prepararemos a presentación para a súa exposición pública.
Nesta fase:
- Realizaremos a memoria final do noso proxecto piloto.
- Elaboraremos unha presentación de diapositivas.
- Compartiremos distintos formatos de documentos na Rede.
- Utilizaremos o procesador de textos para maquetar os resultados.
- Realizaremos a exposición pública do noso proxecto.
- Avaliaremos a nosa experiencia de traballo con Ligamundos.
- Para abordar esta última fase debemos ser capaces de sintetizar as principais decisións técnicas e creativas adoptadas na realización do proxecto piloto Ligamundos.
- Aproveitaremos toda a información relevante da fase de exploración e os documentos elaborados durante a fase deseño.
- Para enriquecermos a nosa presentación de diapositivas podemos consultar un videotitorial en Internet.
- É importante que todos os integrantes participen na exposición pública do proxecto.
Licenciado baixo a GNU Free Documentation License
