Para o proxecto
En todas as fases do proxecto podemos utilizar:
- Correo electrónico.
- Procesador de textos. Writer (LibreOffice).
- Unha aplicación de edición de imaxes (GIMP).
- Unha ferramenta para compartir documentos na Rede.
- Foros de discusión.
- Distintos motores de búsqueda, metabuscadores e directorios.
- Dicionarios e tradutores en liña.
Na fase de exploración ademais faremos uso de:
- Fontes de información xeral: enciclopedias en liña.
- Fontes de información especializada nos temas que tratamos (xeografía, noticias de prensa, climatoloxía...)
- Ferramentas como Google Maps, Google Earth, OpenStreetMap...
Na fase de deseño ademais faremos uso de:
- Un escáner para dixitalizar os bosquexos realizados a man, no seu defecto podemos utilizar unha cámara de fotos dixital.
- Unha ferramenta de enquisas en liña para votar polas distintas opcións.
Na fase comunicación ademais faremos uso de:
- Unha aplicación para editar presentacións multimedia: Impress (Libre Office).
Licenciado baixo a GNU Free Documentation License