Brasil

Favela en Río de Janeiro (Brasil)

Rapazada da favela

Fotografía en Flickr de Fabio Venni baixo CC BY-SA 2.0

Favela é o nome que reciben no Brasil os asentamentos precarios ou informais que medran en torno ou dentro mesmo das grandes cidades do país. 

Na cidade de Río de Janeiro localízanse máis de 750 favelas. A nosa favela conta con 15.000 habitantes que conviven cun importante problema de pobreza, drogas e violencia.

Moitos dos nenos e nenas que viven aquí non están escolarizados e a atención sanitaria é moi precaria.

Situación de partida:

Nesta favela están traballando as institucións gobernamentais, xunto con diferentes ONGs para mellorar as condicións de vida dos seus habitatantes e tratar de reducir os problemas relacionados coa violencia e a pobreza. Un dos proxectos que existe consistiu en crear varios centros na favela con acceso a Internet. O programa inclúe a creación e mantemento dun portal comunitario en Internet similar a outros existentes noutras zonas da cidade. 

Na favela existe unha instalación de rede eléctrica. Sen embargo, hai áreas do poboamento que non teñen acceso a Internet ou só poden acceder a través do teléfono móbil.

Programa Ligamundos: proxecto piloto Brasil.

O programa Ligamundos pretende crear un centro piloto co obxectivo de facer chegar Internet a eses lugares da favela que actualmente non teñen acceso á Rede. Ademais este espazo comunitario de acceso a Internet pretende desenvolver programas educativos e de intervención comunitaria que melloren as condicións de vida dos habitantes da favela e reduzan os problemas de violencia.

Na contorna da favela existe unha rede de antenas que se podería utilizar para a transmisión da información.

A partir desta información comezamos a investigación. Pasamos á fase de exploración.

 

 

Viaxamos cara a Brasil.

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License