Perú
Comunidade das Illas de Totora, Lago Titicaca (Perú)
|
|
| Fotografía en Flickr de Danielle Pereira baixo CC BY 2.0 |
Os uros son unha comunidade indíxena que vive en illas flotantes feitas de totora, unha planta acuática que nace no Titicaca, o lago máis alto do mundo, situado nos Andes centrais.
Nestas illas as casas e os barcos son de totora. As illas flotantes teñen cerca de 2000 habitantes. Cada illa ten un presidente e hai un presidente xeral para todas as illas. As decisións adóptanse en comunidade.
O lago Titicaca é compartido por Perú e Bolivia, existindo illas flotantes de torota en ambos os dous países.
Debido á orixinalidade deste mundo de totora, cada vez hai máis turismo nas illas dos uros.
Na parte de Perú a cidade máis próxima é Puno que conta con tendido eléctrico e conexión a Internet por fibra óptica.
Situación de partida:
Nas illas existen tres escolas e dúas delas son públicas. Hai algúns anos o goberno de Perú instalou un xulgado nas illas de Totora do lago Titicaca, o primeiro xulgado flotante do mundo (ver vídeo).
O turismo cada vez ten máis forza e xa existen hospedaxes e casas de comidas nas illas flotantes. Non existe tendido eléctrico nas illas e só hai luz en algunhas vivendas grazas á instalación de paneis solares.
Programa Ligamundos: Proxecto Titicaca.
O programa Ligamundos quere crear un espazo comunitario con conexión a Internet de calidade na illa flotante onde se sitúa o xulgado itinerante, de maneira que dende o centro se leve a conexión a Internet tamén ao xulgado.
Este centro está concebido para ser un lugar de reunión e toma de decisións para os uros e un espazo onde tratar de desenvolver e xestionar o turismo sustentable nas illas de totora. Tamén pretende ser un centro lúdico e formativo de reunión e que ofreza servizos á comunidade, nenos, xóvenes, persoas maiores….Ademais da conexión a Internet é necesario instalar un sistema de suministro eléctrico.
A partir desta información comezamos a investigación. Pasamos á fase de exploración.
Viaxamos cara ao Lago Titicaca.
Licenciado baixo a GNU Free Documentation License
