A fenda dixital

No apartado anterior comprobamos que o acceso a Internet aínda está lonxe de ser universal. A continuación investigaremos cales son as posibles causas e efectos do fenómeno que denominamos fenda dixital. 

A ONU, na súa Declaración do Milenio, definiu a fenda dixital como "a distancia que hai entre as persoas, os colectivos sociais e os países que teñen acceso ás novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) e os que non dispoñen desa facilidade".

Neste vídeo podemos observar a fenda xeracional existente en todo o mundo:

 

Ademais da necesidade dunha infraestrutura de telecomunicacións que nos permita conectarnos a Internet é indispensable ter a posibilidade real de acceder a estas tecnoloxías e posuír as habilidades e coñecementos para facermos un uso adecuado delas. Así, a fenda dixital ten a súa orixe en distintos fenómenos de desigualdade (social, económica, xeracional, educativa, de xénero...).

Agora escoitemos como se percibe a fenda dixital en América Latina:

Arquivo de audio

En Ivoox, Yoselin Gómez(CC BY-NC-ND 3.0)
Que sabemos sobre a fenda dixital?

Que é a fenda dixital?

    

É a esperanza para o desenvolvemento dos países máis pobres.

É á diferenza de oportunidades existente entre as persoas que usan Internet e as que non teñen esa posibilidade.

É apenas un problema técnico para conectarse a Internet.

Todas as respostas anteriores son correctas.


A quen afecta a fenda dixital?

    

Só aos países non desenvolvidos.

Só ás persoas que non teñen ordenador e teléfono móbil.

Aos grupos, pobos e territorios excluidos ou en situación de desvantaxe para o uso dos servicios que ofrecen as TIC.

Todas as respostas anteriores son correctas.


Que desafío nos plantexa a fenda dixital?

    

Ampliar a capacidade de acceso ás TIC por parte da poboación.

Ampliar a capacitación das persoas para que poidan beneficiarse das TIC.

Aplicar ás TIC para un uso público, na economía, na educación e na saúde.

Todas as respostas anteriores son correctas.


Cales poden ser as principais causas da fenda dixital?

    

Por mor das desigualdades económicas e sociais existentes.

Por causa de dificultades xeográficas. Por exemplo, unha orografía complicada para o desenvolvemento das infraestruturas de telecomunicacións.

Por falta de capacitación e debido os altos niveis de analfabetismo existentes.

Todas as respostas anteriores son correctas.


Licenciado baixo a GNU Free Documentation License