Nepal

Comunidade sherpa do Val de Rolwaling (Nepal)

Rapaza en Nepal

Foto en Flickr de Przemek Siemion baixo CC BY-NC-SA 2.0

Nepal é un pequeño e variado país situado na cordilleira do Himalaia, onde se encontran as montañas máis altas do planeta, como o Everest e outros dos famosos “oitomiles”. A pesar de ser un pequeno país é un estado multicultural e multilingüe.

Os sherpas son poboadores das rexións montañosas do Nepal. Debido á importancia que tiveron e teñen  como guías e axudantes nas expedicións ao Himalaia, a palabra sherpa ampliou o seu significado e se refire, en xeral, aos guías locais de alta montaña aínda que non sexan nepalís.

A pobreza está moi extendida en Nepal, especialmente nas áreas rurais. É por iso que moitas familias en Nepal reciben axuda  alimentaria.

O Val de Rolwaling está situado no entorno de picos como o monte Parchamu. Este val conta con paisaxes espectaculares e mosteiros tibetanos como o de Thame. 

Situación de partida:

No val de Rolwaling viven comunidades pertencentes á etnia sherpa. Moitas familias sherpas sobreviven grazas a que algúns dos seus membros se adican a acompañar expedicións de montaña facendo como guías e moitas veces por facer portes. Este traballo resulta moi perigoso e non sempre está ben remunerado.

As poboacións sherpas máis illadas non contan con rede eléctrica, teñen un difícil acceso aos servizos de saúde e un alto índice de analfabetismo.
As comunidades nepalís poden verse afectadas no futuro por problemas derivados do cambio climático como inundacións producidas polo derretemento do xeo nos cumios das montañas.

Programa Ligamundos. Proxecto piloto Nepal

O Programa Ligamundos quere desenvolver un dos seus proxectos piloto nunha pequena comunidade sherpa, illada,  situada na zona de montaña no entorno do Val de Rolwaling e que se adican principalmente a facer de guías de montaña a diferentes expedicións occidentais. 

O proxecto consistirá en crear un espazo comunitario de acceso a Internet de calidade. Neste espazo ademais do servizo de Internet os sherpas organizarán a súa actividade profesional, xestionando eles mesmos a contratación dos seus servizos, servirá de centro para dar a coñecer a cultura sherpa e o entorno no que está situado a comunidade. Servirá de centro de comunicación cos guías da comunidade durante as expedicións á montaña e como centro de saúde e centro educativo da poboación. Ademais desenvolverá actividades socioculturais destinadas á comunidade sherpa e servirá de centro para que ONGs que actúan na zona poidan organizar as súas actividades.

A partir desta información comeza a fase de investigación. Pasamos á fase de exploración.

Viaxamos cara ao Nepal.

 

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License