Rusia

Comunidade dos nenet (Norte de Rusia)

Rapaza nenet

Foto en Wiki Commons baixo CC BY 2.5


Os nenet son una comunidade indíxena da parte europea do norte de Rusia que se adica principalmente ao pastoreo de renos.

Os pastores de renos nenet, son tradicionalmente nómades e desprázanse cos seus rabaños ao longo da península de Iamal, xunto aos montes Urais. Coa chegada do Gran Inverno moven grandes rabaños máis aló das zonas de tundra. Esta travesía resulta perigosa xa que atravesan lagos xeados que poden ceder co peso dos animais.

Os nenet viven en zonas moi frías e as súas condicións de vida son moi duras. Dividen o ano en meses de luz e meses de escuridade. As vivendas tradicionais chámanse chums e poden ser transportadas dun lugar a outro.

Situación de partida:

Durante os primeiros anos de vida os nenos da comunidade nenet viven cos seus pais, pero cando comeza a idade escolar moitos pasan parte do ano en internados que se situan en asentamentos nenets e ven as súas familias en contadas ocasións. Nestes asentamentos tamén viven os anciáns da comunidade. Non obstante, son os vellos quen contan coa experiencia e sabedoría para axudar aos máis novos durante a travesía nómade.

As comunidades nenets están ameazadas debido a prospeccións petrolíferas perto da área na que habitan. Os habitantes están a ser desprazados e os ríos e lagos nos que pescan, contaminados. Ademais o cambio climático e o derretemento do xeo ameaza á vida destas comunidades.

Os asentamentos nenet contan con acceso precario a Internet e á rede eléctrica, pero non así as comunidades nómades que non dispoñen de electricidade nin acceso á Rede.

Programa Ligamundos: proxecto piloto Comunidade dos nenet.

O proxecto piloto nesta rexión consistirá en crear un centro estable con acceso a Internet de calidade nun asentamento nenet e un centro itinerante que facilite o acceso a Internet aos pastores nenet de renos de vida nómade co principal obxectivo de que poidan estar comunicados coas súas familias e poidan dar aviso nunha  situación de emerxencia.

Na vila sedentaria trátase de deseñar un espazo social comunitario con acceso a Internet que poida servir de centro de  información dos nenet en temas relacionados coa súa cultura, protección e denuncia medioambiental  e de comunicación entre as familias, así como funcionar como centro social. O servizo nómade de acceso a Internet servirá para comunicar ás familias, dar avisos e facilitar servizos de emerxencia aos pastores.

A partir desta información comezamos a investigar. Pasamos á fase de exploración.

 

 

Viaxamos cara ao norte de Rusia.

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License