Servizos á comunidade
Describimos os servizos.
Que outros servizos pode ofrecer o noso telecentro comunitario, ademais da conexión a Internet?
Neste último apartado da fase de deseño describiremos os servizos que o telecentro debe ofrecer á comunidade, en función das necesidades sociais que presenta o noso caso de estudo e tendo en conta toda a información que atopamos na fase de exploración. Esta é unha fase moi importante no desenvolvemento de Ligamundos, dado que o éxito do programa está ligado a que a comunidade utilice e goce do centro que estamos a deseñar. Para isto o centro comunitario debe ofrecer servizos e oportunidades ás persoas que melloren a vida da comunidade.
Debemos abordar algúns apectos:
- Consideras que os membros da comunidade á que vai destinada o proxecto teñen formación dabondo para sacarlle partido ao centro de Internet?
- Que necesidades das que detectamos na fase explora para a esta comunidade poden abordarse dende o centro comunitario?
- Sobre que problemas da comunidade podemos actuar dende o centro?
- Que outros aspectos podemos abordar para mellorar a vida da nosa comunidade?
Nesta fase podemos procurar información na Rede sobre centros similares que existan no mundo.
Así que nesta fase:
- Valoramos as necesidades.
- Describimos os servizos.
E completamos o documento servizos á comunidade:
|
Elementos do documento de Servizos á Comunidade |
|
Licenciado baixo a GNU Free Documentation License