7.2 - Solucións as actividades propostas
Respostas ás actividades propostas
S1.
- Sistema solar: conxunto de astros formados por unha estrela central , o Sol, e un conxunto de corpos celestes.
- Existen oito planetas. Mercurio, Venus, a Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.
- O sistema solar pode ter máis de 6.000 millóns de anos.
- O Sol diferénciase dos planetas en que ten luz propia. Os planetas, non.
S2.
- Da enerxía solar derivan estas consecuencias:Teoría xeocéntrica: o Sol e os planetas xiran arredor da Terra.
- Quenta a superficie terrestre.
- Provoca transformacións atmosféricas.
- Fai desenvolver os seres vivos.
- Chámase heliocéntrica.
- Copérnico e Galileo. Século XVI.
S3.
- A Terra realiza movementos de rotación e translación.
- O movemento de rotación consiste en xirar sobre si mesma arredor dun eixe imaxinario. A Terra tarda 23 horas 56 minutos 45 segundos.
- O movemento de rotación orixina os días e as noites.
- Tarda 365 días, 5 horas, 48 minutos e 45 segundos.
S4.
- Existen os anos bisestos porque hai que corrixir o desfasamento entre a duración do ano oficial e a do ano astronómico.
- As estacións prodúcense porque:Vemos sempre a mesma cara da Lúa porque tarda o mesmo tempo en xirar sobre si mesma e en dar unha volta arredor da Terra.
- A Terra trasládase arredor do Sol.
- O eixe imaxinario da Terra inclínase cun ángulo de 23º 27´ respecto do plano da elíptica.
- Do movemento de translación da Lúa derivan as súas catro fases.
S5.
Resposta libre.
S6.
Resposta persoal.
S7.
- As coordenadas xeográficas serven para localizar puntos na superficie terrestre.
- Os meridianos permiten determinar a lonxitude.
- Cos paralelos podemos marcar a latitude.
- O valor da lonxitude oscila entre 0º e 180º. O da latitude vai de 0º a 90º.
S8.
- Lonxitude: distancia, medida en graos, minutos e segundos, entre o meridiano 0º e un punto calquera da superficie terrestre.
- Latitude: distancia, medida en graos, minutos e segundos, entre o ecuador e un punto calquera da superficie terrestre.
- Escala: relación entre unha distancia medida sobre o mapa e a correspondente sobre o terreo.
- Curvas de nivel: liñas que unen puntos de igual altitude.
- Fuso horario: cada unha das 24 partes en que se divide a esfera terrestre sobre o ecuador.
S9.
Tómase como referencia o meridiano 0º, que pasa por Greenwich, barrio de Londres. A Terra esta dividida en 24 fusos horarios.
S10.
|
Tempo |
Arco |
Arco |
Tempo |
|
24 horas |
360º |
360º |
24 horas |
|
1 hora |
15º |
1º |
4 minutos |
|
1 minuto |
15' |
1´ |
4 segundos |
|
1 segundo |
15'' |
1´´ |
0,067 segundos |
S11.
- Escala: numérica e gráfica.
- As curvas de nivel representan o relevo da superficie terrestre.
- Curvas de nivel próximas significan pendente. Curvas de nivel separadas: terreo máis plano.
- Os signos convencionais utilízanse para representar trazos xeográficos.
S12.
- Utilízanse sistemas de proxección: plana, cilíndrica e elíptica de Molweide.
- Os sistemas de proxección deforman a realidade.
- O plano utilízase na proxección plana. O cilindro, na cilíndrica. A elipse, na proxección elíptica.
- A mellor maneira de representar a Terra sería sobre superficie esférica.
S13.
- Os mapas pódense clasificar:
- Pola extensión do espazo representado.
- Polo tema.
- Pola forma de representar.
- Que representan?
- Mapamundi: representa toda a superficie terrestre.
- Mapa xeográfico: representa unha superficie grande do planeta, como un continente.
- Mapa estatal: representa a superficie dun Estado.
S14.
Un mapa físico representa os accidentes xeográficos naturais. Un mapa político, as divisións (fronteiras) políticas e civís.
S15.
- A cartografía nace no século VI antes de Cristo.
- Xerardo Mercator inventou un xeito de representar nun plano a superficie esférica.
- A Xeografía de Eratóstenes utiliza os primeiros meridianos.
S16.
Obra importante de Domingos Fontán é Mapa de Galicia ou Carta geométrica de Galicia.
S17.
As cartas náuticas e os portolanos serven para coñecer rutas marítimas e circunstancias habituais de navegación.
S18.
- Capas da Terra: atmosfera (gasosa), hidrosfera (augas mariñas e continentais), codia (parte sólida e exterior da Terra), manto (parte sólida interior) e núcleo (parte central: Nife).
- Tres cuartas partes da superficie terrestre están ocupadas polas augas.
- Terras emerxidas: unha cuarta parte.
S19.
- Relevo terrestre: montañas, vales, depresións, chairas e mesetas.
- Relevo submarino: plataformas continentais, dorsais, cubetas submarinas e fosas.
S20.
Resposta persoal.
S21.
- Picos máis altos: Europa (Mont Blanc), Asia (Everest), África (Kilimanxaro) e América (Aconcagua).
- Fosas máis profundas: Atlántico (fosa de Porto Rico) e Pacífico (Challenger).
- Tipos de mares: pechados, mediterráneos e abertos ou litorais.
S22.
- Glaciar: río de xeo, desde a alta montaña a un val/mar.
- Iceberg: anaco xigantesco de xeo aboiando no mar.
- Océano: grande extensión de auga salgada.
- Mar: parte dun océano.
- Onda: movemento superficial ondulatorio da auga, orixinado polo vento.
- Marea: elevación e descenso periódico do nivel das augas mariñas.
- Corrente mariña: desprazamento de grandes masas de auga.
- Relevo: conxunto de formas e accidentes xeográficos que configuran a parte exterior da codia terrestre.
S23.
- As correntes mariñas inflúen: no clima, na pesca, na navegación. A corrente do Golfo baña as costas galegas.
- Para cada corrente: corrente de Perú (F), Oia Shivo (F), Kuro Shivo (Q), corrente de Canarias (Q), corrente do Golfo (Q), corrente Ecuatorial (Q), corrente do Pacífico Norte (Q), corrente de Brasil (Q).
S24.
- A plataforma continental chega a 200 m de profundidade.
- Chámanse augas continentais porque están nos continentes.
- Resposta persoal.
- Illas do Atlántico (Baffin, Victoria,Grenlandia, Islandia, Irlanda, Gran Bretaña, Nova Zembla, Canarias, etc.). Illas do Pacífico (Sakhalin, Honshu, Nova Guinea, Tasmania, Nova Celandia, etc.).
S25.
- Biosfera: parte da atmosfera, da hidrosfera e da capa sólida, onde hai vida: plantas, animais e seres humanos.
- Paisaxes naturais: as que non están modificadas polas persoas.
- Paisaxes humanizadas: as modificadas pola intervención do ser humano sobre elas.
S26.
- Paisaxe = relevo + comunidades vivas.
- Paisaxes: naturais e humanizadas (rurais ou agrícolas, e urbanas).
- Paisaxes condicionadas polo clima: selva virxe, sabana, estepa, deserto, taiga, paisaxe de montaña.
S27.
- Desapareceron case as paisaxes naturais en Galicia porque sofren a presión humana.
- Paisaxes galegas:Resposta persoal.
- Pola natureza dos chans: graníticas, calcarias, de lousas e arxilas.
- Polas formas orográficas: litoral, val, montañas, serras.
S28.
- A xeoloxía estuda a forma exterior e interior da Terra, as materias que a compoñen e os cambios experimentados ao longo da historia.
- Os axentes xeolóxicos provocan modificacións na superficie terrestre.
- Axentes xeolóxicos:
- Internos: volcáns, terremotos ou sismos, maremotos.
- Externos: vento, cambios de temperatura, augas correntes, auga do mar, seres vivos.
S29.
- Elementos dun volcán: foco, cheminea, cráter.
- A diferenza é a localización. O hipocentro é interior, onde se orixinan as sacudidas. O epicentro é exterior.
- A intensidade dun terremoto mídese aplicando a escala de Richter.
S30.
- A fachada occidental de América.
- A parte oriental de Asia está na zona volcánica.
- Porque están sobre unha liña quente, activa, desde o punto de vista sísmico.
S31. Atendendo ao labor erosivo dun río, complete:
|
|
Acción da auga |
|
– Arrinca. |
|
– Transporta. |
|
– Sedimenta ou deposita. |
S32.
- Os continentes separáronse na era mesozoica ou secundaria.
- Os Alpes e os Andes formáronse na era cenozoica ou terciaria.
- Os mamíferos primitivos aparecen tamén na era terciaria.
- O ser humano, na cuaternaria, chamada por iso antropozoica.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0