2.1.7 - As proxeccións
A representación da Terra mediante mapas conséguese con técnicas de proxección cartográfica. Os principais sistemas de proxección sobre un plano son:
- Proxección plana: proxéctanse os meridianos e paralelos sobre un plano.
- Proxección cilíndrica: a superficie terrestre proxéctase sobre un cilindro.
- Proxección elíptica de Molweide: proxéctase a superficie terrestre sobre unha elipse.
Na actualidade, as fotografías aéreas e as obtidas desde satélites artificiais proporcionan visións moi precisas do relevo terrestre. Con estas fotografías obtéñense mapas con datos xeográficos, climáticos, arqueolóxicos, biolóxicos, etc.
Outras técnicas cartográficas permiten tratar informaticamente os datos rexistrados ou mostras, por exemplo, a evolución do tempo.
![]() |
|
Proxección plana O mapa resultante defórmase un pouco na parte central, moito ao afastarse do centro. |
![]() |
|
Proxección cilíndrica Os meridianos e paralelos resultan rectas perpendiculares. No ecuador aparecen pequenas deformacións, grandes nos polos. |
![]() |
|
Proxección elíptica Son os mapas que menos deforman a superficie terrestre; adecuados para a representación global do mundo. |
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0


