Saltar navegación

1.1 - O sistema solar

O sistema solar é un conxunto de astros formado por unha estrela central, o Sol, e un conxunto de corpos celestes:

  • Planetas: astros sen luz propia que xiran arredor do Sol: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.
  • Satélites: astros sen luz propia que xiran arredor dos planetas (Lúa, satélite da Terra).
  • Asteroides: planetas moi pequenos.
  • Cometas e meteoros: pequenos astros sen luz propia que se moven a gran velocidade.

Calcúlase que o sistema solar se formou hai máis de 6.000 millóns de anos.

O Sol

O Sol, como todas as estrelas, ten luz propia. No seu interior xera gran cantidade de enerxía, que libera ao exterior en forma luminosa.

A Terra recibe grande cantidade de enerxía emitida polo Sol. Esta enerxía:

  • Quenta a superficie terrestre, incluídos os océanos.
  • Provoca transformacións atmosféricas, como a chuvia e o vento.
  • Permítelles a todos os seres vivos medraren e se desenvolveren.

 

 terra  sistema solar

Durante séculos considerouse que a Terra era o centro do Universo, e que o Sol e todos os planetas xiraban arredor dela: teoría xeocéntrica.

No século XVI, os sabios Copérnico e Galileo afirmaron que o Sol era o centro do Universo e que arredor del xiraban a Terra e os demais planetas: teoría heliocéntrica

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0