2.2.9 - Tipos de vales
En Galicia pódense observar distintos tipos de vales:
- De serras: fondos, rodeados de serras de altos cumes e fortes pendentes, onde son frecuentes os escoamentos.
- De chairas: situados en zonas altas con planicies suaves, onde predominan os prados.
- Abertos: situados nas cuncas baixas dos ríos; vales de hortas e tamén de vides que maduran nos socalcos construídos polos viticultores.
|
Os socalcos son bancais situados na parte inferior do val ou ribeira. A bocarribeira é a zona de transición desde a ribeira aos penechaos. |
![]() |
Actividades propostas
S18. Terra:
- Clasifique e poña en esquema as capas da Terra.
- Que proporción da superficie terrestre está ocupada polas augas?
- Que proporción ocupan as terras emerxidas?
S19. Faga un esquema das formas topográficas do relevo terrestre e submarino.
S20. Que relevo predomina na súa comarca?
S21. Consulte:
- Escriba o nome do pico máis alto de cada continente.
- Escriba a fosa máis profunda de cada océano.
- Tipos de mares.
S22. Defina: glaciar, iceberg, océano, mar, onda, marea, corrente mariña, relevo.
S23. Correntes:
- En que aspectos inflúen as correntes mariñas? Que corrente mariña baña as costas galegas?
Indique para cada corrente se é fría (F) ou quente (Q):
Corrente de Perú
Oia Shivo
Kuro Shivo
Corrente de Canarias
Corrente do Golfo
Corrente Ecuatorial
Corrente do Pacífico Norte
Corrente de Brasil
- As correntes mariñas inflúen: no clima, na pesca, na navegación. A corrente do Golfo baña as costas galegas.
Corrente de Perú (Fría)
Oia Shivo (Fría)
Kuro Shivo Quente
Corrente de Canarias Quente
Corrente do Golfo Quente
Corrente Ecuatorial Quente
Corrente do Pacífico Norte Quente
Corrente de Brasil Quente
S24. Conteste:
- Que profundidade abrangue a plataforma continental?
- Por que se chaman augas continentais?
- Que nomes de illas coñece?
- Escriba o nome de illas do Atlántico e do Pacífico.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0
