Saltar navegación

1.1.3 - Lectura

Un dos asuntos que máis excitan a curiosidade xeral é o noso veciño planeta Marte. Marte debe ter unha superficie con accidentes moito menos pronunciados que os da Terra ou da Lúa; a circulación da auga na superficie do planeta forma lagoas e pantanos de escasa profundidade, variables cos fenómenos meteorolóxicos e desxeos, orixinándose así eses cambios de aspecto onde os desniveis non son moi considerables; só conservan mellor definidas as formas aqueles mares de maior profundidade e costas máis abruptas.

As precipitacións en forma de chuvia, neve e pedrazo, e a formación de xeos, deben ser alí fenómenos rexidos por condicións bastante distintas das do noso planeta, dada a tenue atmosfera do noso veciño e, polo tanto, o caldeo de día e a irradiación durante a noite, así como a menor temperatura pola súa distancia ao Sol e, finalmente, a cantidade total de auga existente en Marte, que non sería suficiente para formar a metade do máis pequeno dos nosos océanos terrestres.

Ramón María Aller. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. 1927

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0