Saltar navegación

2.2.7 - Os océanos

Os océanos son grandes extensións de auga salgada. Son os seguintes: Pacífico, Atlántico, Índico, Glacial Ártico e Glacial Antártico.

Mares

Os maresson partes dun océano. Podemos considerar tres tipos:

  • Pechados: en realidade son grandes lagos, como o Caspio.
  • Mediterráneos: comunicados con océanos por estreitos, como o Mediterráneo.
  • Abertos ou litorais: están en amplo contacto co océano, como o Cantábrico.

 

Movementos das augas mariñas

As augas mariñas teñen tres tipos de movementos:

  • Ondas. Movementos superficiais ondulatorios, orixinados polos ventos.
  • Mareas. Elevacións e descensos periódicos do nivel das augas, debidos á atracción do sol e especialmente da Lúa sobre a masa mariña.
  • Correntes. Desprazamentos de grandes masas de auga mariña. Son orixinadas polos ventos, pola rotación terrestre e pola diferente densidade das augas, debido á súa temperatura e salinidade. Existen correntes quentes e frías. As principais correntes quentes son a do Golfo, e a de Kuro Shivo. Entre as frías destacan a do Labrador e a do Oia Shivo.

 

 correntes

Principais correntes mariñas

 

As correntes mariñas son importantes para a vida humana. Inflúen decisivamente no clima, na pesca e na navegación. A corrente do Golfo dulcifica o clima da fachada occidental de Europa, con invernos suaves e pouca diferenza de temperatura entre as mínimas e as máximas.

 

Plataforma continental

É a zona de relevo submarino desde o litoral dos continentes ata 200 m de profundidade. A súa extensión varía moito dunhas zonas a outras. Nela viven numerosas especies de peixes e mariscos.

 plataforma continental

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0