2.1.11 - Lectura: cartas náuticas e portulanos
As cartas náuticas representan as dimensións e características dos océanos e das costas. Ás veces ofrecen datos sobre dirección habitual e intensidade dos ventos. As primeiras cartas náuticas debuxáronse para que os mariñeiros atopasen a ruta axeitada para ir dun porto a outro. Na Idade Media trazáronseportulanos: atlas con planos de portos e zonas costeiras do Mar Mediterráneo.
Os navegantes manexaban cartas náuticas e portulanos con datos sobre profundidade da auga, presenza de rochas, baixos e bancos de area, mareas e correntes.
|
|
Mapa do Atlas catalán (portulano do século XIV) |
Actividades propostas
S12. Proxeccións:
- Que sistemas de proxección se utilizan para representar en mapas a Terra ou unha parte dela?
- Que defecto presentan os sistemas de proxección?
- En que sistema de proxección se utilizan o plano, o cilindro e a elipse?
- Cal sería a mellor e única maneira de representar adecuadamente a Terra?
S13. Mapas:
- Como se poden clasificar os mapas?
- Que representan un mapamundi, un mapa xeográfico e un mapa estatal?
S14. Que representa un mapa físico? E un mapa político?
S15. Historia:
- Cando nace a cartografía?
- Que inventou Xerardo Mercator?
- Que ten de particular a Xeografía de Eratóstenes.
S16. Cal é a obra importante de Domingos Fontán?
S17. Para que serven as cartas náuticas e os portulanos?
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0