O planeta Terra. Cartografía. Relevo. Paisaxes. Xeoloxía
2.2.4 - Formas topográficas
Relevo terrestre
A zona terrestre non é uniforme, presenta diversas formas topográficas, que forman o relevo terrestre. As principais son:
- Montañas: grandes elevacións de terreo con fortes pendentes. Xeralmente seguen unha certa aliñación e forman un cordal, que se chama serra se é pouco extenso.
- Vales: zonas baixas situadas entre as montañas.
- Depresións: terras situadas por debaixo do nivel do mar.
- Chairas: terras chás ou suavemente onduladas, situadas a menos de 200 m sobre o nivel do mar.
- Mesetas: chairas situadas a máis de 200 m sobre o nivel do mar.
Relevo submarino
O fondo dos mares é moi accidentado e nel danse estas formas de relevo:
- Plataformas continentais: mesetas submarinas que se estenden desde a costa ata os 200 m de profundidade.
- Dorsais: cadeas de montañas baixo as augas. Ás veces os cumes emerxen e forman illas.
- Cubetas submarinas: depresións situadas entre os 2.000 e os 4.000 m de profundidade. Forman a maior parte dos fondos mariños.
- Fosas: zonas moi profundas e estreitas. A de Challenger (océano Pacífico) ten 11.521 m de profundidade.
|
|
Formas topográficas do relevo terrestre |
|
|
Formas topográficas do relevo submarino |
![]() |
|
Cumes terrestres e fosas submarinas |
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0


