O planeta Terra. Cartografía. Relevo. Paisaxes. Xeoloxía
4.1.2 - Axentes externos
Por erosión desgastan e igualan a superficie terrestre.
- Ventos: arrastran areas e outras partículas miúdas das rochas que, empurradas contra outras, se destrúen pouco a pouco. Ao ir minguando a forza do vento, estes materiais acumúlanse formando solos e montiños de area: dunas.
- Cambios de temperatura: producen dilatacións e contraccións que gretan e rachan as pedras en anacos máis pequenos.
- Augas correntes (ríos, torrentes): arrincan, transportan e sedimentan materiais. Os terreos formados polos materiais depositados chámanse aluvións.
- Auga do mar: modifica o litoral.
- Seres vivos: as raíces das plantas esmiúzan as rochas; os corais forman illas e arrecifes. As persoas son importantes modificadores da superficie terrestre, construíndo diques, estradas, escavando túneles…
Os axentes externos van destruíndo as partes máis saíntes do relevo e depositando os materiais nas zonas baixas. O terreo resultante é unha penechaira.
|
Nalgunhas praias, o vento arrastra a area traída polo mar ou os ríos. Se topa un atranco, deposítase e forma dunas. As dunas próximas ao mar son móbiles; as outras, fixas.
|
|
A vexetación das dunas axuda a fixar a area |
![]() |
|
Partes dun río |
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0
