Saltar navegación

1.1.2 - A Lúa, satélite da Terra

O único satélite da Terra é a Lúa, cunha masa 50 veces menor ca aquela. A Lúa non ten atmosfera e non filtra a calor do Sol: acada altas temperaturas polo día e moi baixas pola noite. Tarda o mesmo en xirar arredor da Terra que sobre si mesma: 27 días 7 horas 43 minutos e 11 segundos. Por iso nos amosa sempre a mesma cara.

A Lúa, como todos os satélites, non ten luz propia, é opaca. A luz que nos chega dela é a que reflicte do Sol, cando a ilumina.

Como consecuencia do seu movemento de translación observamos na Lúa catro fases diferentes segundo a zona iluminada polo Sol.

 

 fases da lua

Fases da Lúa

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0