2.1.4 - Curvas de nivel
Nos mapas topográficos, que describen a superficie dun terreo, teñen grande importancia as curvas de nivel.
As curvas de nivel representan o relevo da superficie terrestre; son liñas que unen puntos de igual altitude: distancia perpendicular dun punto da superficie terrestre ata o nivel do mar.
A diferenza de altitude entre dúas curvas de nivel contiguas –equidistancia– varía duns mapas a outros, e pode ser de 20 ou de 25 metros.
![]() |
![]() |
|
Mapa con curvas de nivel |
Escala de curvas de nivel sobre e baixo o nivel do mar |
A disposición das curvas de nivel dun mapa indícanos a topografía da superficie terrestre representada. As curvas de nivel próximas entres si significan que a pendente do terreo é pronunciada; pola contra, cando o declive do terreo é mínimo, as liñas están moi separadas.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0

