Saltar navegación

3.2.2 - Zonas paisaxísticas

A paisaxe vexetal de Galicia pódese diferenciar en tres zonas:

  • Litoral. Paisaxe dominada polos piñeirais e eucaliptais de repoboación e polo monte baixo. A superficie cuberta con árbores de folla caduca é escasa. A metade da súa extensión está dedicada á agricultura, urbanizacións e industria. É a Galicia do millo e dos cultivos hortofrutícolas.
  • Interior. Domina unha paisaxe de árbores caducifolias e prados. Nas zonas elevadas, algunhas fragas. Cultivos estendidos: o centeo e a pataca.
  • Meridional. Danse especies mediterráneas como a aciñeira e a sobreira. Nas áreas altas domina o monte baixo; nas baixas, a agricultura diversificada de vides, millo, patacas… Bastante estendida a repoboación de piñeiros e eucaliptos.

 

Actividades propostas

S25.  Defina: biosfera, paisaxes naturais, paisaxes humanizadas.

S26.  Escriba:

  • Que elementos configuran unha paisaxe?
  • Clases de paisaxes.
  • Poña en esquema os tipos de paisaxes naturais.
  • Clasifique as paisaxes condicionadas polo tipo de clima.

S27.  Paisaxes:

  • Por que desaparecen practicamente en Galicia as paisaxes naturais?
  • Clasifique as paisaxes galegas: Que tipo de paisaxe predomina na súa comarca?
    • Pola natureza dos solos.
    • Polas formas orográficas.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0