Saltar navegación

2.1.6 - Como traballar co Mapa Topográfico Nacional

O Mapa Topográfico Nacional (MTN), de escala 1/25.000, é útil para actividades cartográficas. Está impreso en follas que se distinguen por:

  • Un número na parte superior dereita.
  • Un nome no centro da marxe superior, que corresponde ao núcleo de poboación máis importante representado na folla.

Na marxe inferior central aparecen os cadros:

  • Distribución de follas a escala 1:50.000.
  • División e nomenclatura. Escala 1:25.000, que informa das follas limítrofes.
  • División administrativa, con indicación dos concellos lindeiros.

Na marxe inferior dereita aparecen os signos convencionais utilizados para uso do solo.

Na marxe esquerda hai un vocabulario galego-castelán.

Cada folla está limitada por dous arcos de meridiano de 20´, que equivale a 27.400 m (1370 m x 20). O valor desta lonxitude refírese desde 1970 ao meridiano de Greenwich. Ata 1970 referíase ao de Madrid, que se consideraba o meridiano 0º.

Cada folla está limitada por dous arcos de paralelo separados 5´, é dicir, 9.250 m.

 Polos signos convencionais explicados na contraportada represéntanse no mapa estradas, ferrocarrís, vías fluviais, límites, divisións administrativas e signos convencionais.

 

Equivalencias aproximadas

Para meridianos

Para paralelos

1º = 111.111 m (39.999.960 m: 60)

Paralelo ecuatorial:

1´ = 1.850 m (111.111 m : 60)

1º = 111, 306 km (40.070.160 m : 360)

1´´ = 30,83 m (1.850 m : 60)

Paralelo a 43º latitude

 

1º = 82.200 m(29.592.000 m : 360)

 

1´ = 1.370 m (82.200 m : 60)

 

Actividades propostas

S6.   Sinale nun mapa o Norte, o Sur, o Leste e o Oeste.

S7.   Lembre:

  • Para que serven as coordenadas xeográficas?
  • Que liñas imaxinarias permiten determinar a lonxitude?
  • Que podemos marcar cos paralelos?
  • Cantos graos oscila o valor da lonxitude? E o da latitude?

S8.  Defina: lonxitude, latitude, escala, curvas de nivel e fuso horario.

S9.  Que meridiano se toma como referencia dos fusos horarios? En cantos fusos horarios está dividida a Terra?

S10.  Complete este cadro:

Tempo

Arco

Arco

Tempo

24 horas

 

360º

 

1 hora

 

 

1 minuto

 

 

1 segundo

 

1´´

 

S11.  Redacte esquematicamente estas ideas:

  • Clases de escalas.
  • Que representan as curvas de nivel?
  • Que significan as curvas de nivel próximas? E as curvas separadas?
  • Para que se utilizan os signos convencionais nos mapas e planos?

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0