Saltar navegación

4.2.2 - Lectura

No medio da paisaxe granítica tan dominante na Galicia occidental, xorden ás veces aspectos que sorprenden ao viaxeiro, poeta ou xeógrafo, polo repentino cambio do seu aspecto. Sucede, en efecto, que no medio da monotonía dunha paisaxe alombada, suave, doce, típica do granito, xorden penedos xigantes, que tanto chamaron a atención de Pondal:

Penedos de Pasarela

cando vos vexo penedos

suspiro de amor por ela

exclama cando indo de Ponteceso a Nemiña cruza o afloramento granítico dos penedos de Traba.

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0