Saltar navegación

4.1.1 - Axentes internos

Hai millóns de anos, xigantescas presións orixinadas no manto terrestre elevaron os materiais da codia terrestre. Estas elevacións son os pregamentos.

Cando os materiais da zona eran moi ríxidos, fracturáronse e unhas superficies deslizáronse sobre as outras: fallas.

Outros fenómenos xeolóxicos que modifican o relevo terrestre con moita rapidez son:

  • Volcáns: fendas da codia terrestre que ás veces expulsan gases e rochas fundidas. Estas erupcións provocan cambios no relevo circundante.
  • Terremotos ou sismos:sacudidas violentas da codia terrestre. Cando teñen lugar no fondo dos océanos chámanse maremotos. Os maremotos poden producir tsunamis: ondas enormes que son moi destrutivas cando chegan ás costas.

 

pregamento 1  pregamento 2 

Formación dun pregamento

1. Os sedimentos que se van xuntado no fondo do mar van afundindo este pouco a pouco.

2. As presións laterais contraen e engurran os estratos e orixinan os pregamentos

 

falla  volcan 

Estratos que presenta a cara dunha falla

Elementos dun volcán

 

Ondas sísmicas

No hipocentro orixínase a sacudida.

Epicentro é o punto da superficie que está na vertical do hipocentro.

As ondas sísmicas expándense desde o hipocentro.

 ondas

 

mapa volcanico 

Mapa volcánico e sísmico da Terra

 

Escala de Richter 

Escala de Richter

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0