O planeta Terra. Cartografía. Relevo. Paisaxes. Xeoloxía
3.1.2 - Tipos de paisaxes naturais
Entre a multitude de paisaxes naturais compre salientar as paisaxes condicionadas polo tipo de clima:
- Selva virxe. Bosque ecuatorial continuo e sempre verde, con grande variedade de especies vexetais e reducida vida animal.
- Sabana. Formación vexetal herbácea, salpicada de grandes árbores, onde se atopa unha numerosa e variada fauna.
- Estepa. Territorio con formacións herbáceas curtas e descontinuas debido á súa acidez.
- Deserto. Área con carencia case total de vexetación e moi escasa vida animal.
- Taiga. Zona con extensos bosques de coníferas en áreas moi frías.
- Paisaxe de montaña. Os bosques de caducifolias, de coníferas e os prados naturais están en gradación pola altitude.
Na Terra aínda quedan lugares nos que a natureza se conserva plenamente. Neles as forzas físicas, clima, hidrografía, erosión…son as únicas modificadoras da paisaxe.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0