2.1.9 - Historia da cartografía
A primeira carta xeográfica coñecida é do grego Anaximandro, do século VI antes de Cristo. Tres séculos despois, o seu compatriota Eratóstenes escribiu unha Xeografía na que, ademais de debuxar un mapa coas terras daquela coñecidas, utilizaba os primeiros meridianos. O xeógrafo máis senlleiro da antigüidade clásica foi, xa en época romana, o director da célebre biblioteca de Alexandría, Claudio Tolomeo.
Os árabes da Idade Media e, sobre todo, sabios renacentistas como Toscanelli e Mercator, viaxeiros e navegantes como Marco Polo e Colón, abriron os camiños para explorar e coñecer o noso planeta.
![]() |
|
Xerardo Mercator, sabio flamengo, inventou no século XVII un xeito de representar nun plano a superficie esférica da Terra |
|
Galicia en 1632 Neste mapa de Mercator-Hondio as montañas aparecen representadas con debuxos. O meridiano 0º pasaba daquela polo monte Teide, en Tenerife. Unha curiosidade: O Grove aínda era unha illa |
![]() |
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0

