Saltar navegación

4.2 - A orixe da Terra

Hai máis de 4.500 millóns de anos a Terra era unha bóla de lume rodeada de gases a elevada temperatura. Ao baixar a temperatura, fóronse consolidando as primeiras rochas e formando a primitiva codia terrestre. Máis adiante, con temperaturas máis baixas, condensaríanse os vapores, entre eles a auga.

 

orixe 

Árbore explicativa da orixe do planeta

 

Historia da Terra

Era xeolóxica

Tempo xeolóxico (millóns anos)

Acontecementos

  • Precámbrica ou arcaica

4.000 - 570

–     Xorden as primeiras montañas

  • Paleozoica ou primaria

570 - 230

–     Única masa continental.

–     Plantas xigantescas.

–     Animais: trilobites, cabalos do demo xigantes, peixes acoirazados, primeiros anfibios.

  • Mesozoica ou secundaria

230 - 65

–     Separación e deriva dos continentes.

–     Árbores de madeira branda.

–     Enormes réptiles.

  • Cenozoica ou terciaria

65 - 2

–     Formación de grandes cordais: Pireneos, Alpes, Andes, Himalaia.

–     Primeiras plantas actuais.

–     Mamíferos primitivos: cabalo, elefante, mastodonte.

  • Antropozoica ou cuaternaria

2 - tempo actual

–     Glaciacións.

–     Flora actual.

–     Fauna actual.

–     Aparición do ser humano.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0