Saltar navegación

4.2.3 - Biografía: Isidro Parga Pondal

Científico e profesor da universidade de Santiago de Compostela. Investigou sobre xeoquímica e mineraloxía de Galicia. Publicou libros e escribiu artigos en revistas científicas. Traballou no Laboratorio de xeoquímica da universidade compostelá. Creou o Laboratorio xeolóxico de Laxe.

Colaborou no Mapa xeolóxico de Galicia (escala 1:50.000).

 

Actividades propostas

S28.  Xeoloxía:

  • Que estuda a xeoloxía?
  • Que provocan os axentes xeolóxicos?
  • Faga un esquema dos axentes xeolóxicos.

S29.  Volcáns e terremotos:

  • Escriba o nome dos elementos dun volcán.
  • Cal é a diferenza entre epicentro e hipocentro dun terremoto?
  • Como se mide a intensidade dun terremoto?

S30.  Observe o mapa sísmico e conteste.

  • Que fachada de América está máis exposta á acción volcánica?
  • Que parte de Asia está na zona volcánica?
  • Por que están próximos e en liña o Teide, o Etna e o Vesubio?

S31.  Atendendo ao labor erosivo dun río, complete.

 

Acción da auga

  • Curso alto

 

  • Curso medio

 

  • Curso baixo

 

S32. Observe o cadro Historia da Terra:

  • Cando se separan os continentes?
  • Cando se formaron os Alpes e os Andes?
  • Cando apareceron mamíferos primitivos?
  • Cando apareceu o ser humano?

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0