Saltar navegación

3.2.1 - Tipos de paisaxes galegas

Pola natureza dos solos

  • Granítica. Ocupa gran parte do país. Unhas veces presenta formas suaves, onduladas, con bloques de granito desgastados. Outras veces, formas agrestes e de serras.
  • Calcaria. Nalgunhas áreas da Galicia oriental. Hai rochas estriadas pola erosión, montañas talladas por estreitos desfiladeiros e vales rodeados de muros rochosos.
  • De lousas e arxilas. Chairas máis ou menos onduladas das mesetas e depresións. Relevos suaves, ás veces con barrancos.

Polas formas orográficas

  • Litoral. Paisaxe caracterizada polas rías, con formas diversas: enseadas, illas, tómbolos, esteiros, praias e dunas, furnas, penínsulas, promontorios…
  • Vales. Depresións alongadas cara ao mar e entre montañas.
  • Montaña. Terras situadas entre os 300 e 800 metros de altitude.
  • Serras. Con altitude superior aos 800 metros.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0