Saltar navegación

3.1.1 - As paisaxes naturais

Constantemente podemos observar no medio natural en que vivimos cambios e modificacións que o transforman, dándolle un aspecto diferente ao que tiña con anterioridade.

Normalmente, estes cambios son debidos á acción humana e poden levarse a cabo en relativamente pouco tempo. Pero o medio natural tamén cambia debido a outras causas, aínda que eses cambios acostuman ser moi lentos, de tal xeito que son inapreciables no período de vida dun ser humano. Só nalgúns casos os cambios naturais poden producirse en moi pouco tempo; caso de áreas destruídas por un terremoto ou pola erupción dun volcán.

Hai varios elementos que ao longo do tempo van modificando un medio natural: relevo, tipos de solos, clima, rede hidrográfica, vexetación, fauna, etc. Estes factores físicos orixinaron as paisaxes naturais, zonas en que estes factores presentan características uniformes e que no foron transformadas polo ser humano.

Existe na Terra unha enorme variedade de paisaxes naturais, aínda que algúns están en regresión por mor da actividade humana, que constantemente transforma o aspecto de grandes zonas terrestres.

 

capas 

Capas que forman a complexa estrutura da paisaxe [Paisaxe = relevo + comunidades vivas]

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0