1.1.1 - Os movementos da Terra. Consecuencias
A Terra ten forma dunha esfera achatada nos polos e realiza dous movementos:
- Rotación. A Terra xira sobre si mesma arredor dun eixe imaxinario. Dá unha volta completa de oeste a leste cada 23 horas, 56 minutos e 4 segundos.
Este movemento orixina os días e as noites.
- Translación. A Terra xira arredor do Sol nunha órbita elíptica. Neste movemento emprega 365 días 5 horas 48 minutos 45 segundos.
O ano oficial ten 365 días, e por iso cada catro anos corríxese o desfasamento engadindo un día ao mes de febreiro; é o ano bisesto.
O movemento de translación arredor do Sol e a inclinación do eixe terrestre (ángulo de 23º 27´) orixinan as catro estacións: primavera, verán, outono e inverno.
Equinocios e solsticios
Non habería estacións se o Sol se atopase sempre no plano do ecuador. Esta circunstancia dáse, con todo, dúas veces ao ano, nos equinoccios de primavera e outono: 21 de marzo e 23 de setembro, respectivamente. Nos equinoccios a duración do día é igual á da noite.
Pola contra, a maior diferenza prodúcese nos solsticios do verán (día máis longo) e do inverno (a noite máis longa).
Estas variacións son contrarias nos hemisferios norte e sur, de xeito que cando é verán no norte é inverno no sur, e viceversa.
![]() |
No seu movemento de translación arredor do Sol, a Terra ocupa catro posicións que marcan o comezo de cada estación: dous equinoccios e dous solsticios.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0
