O planeta Terra. Cartografía. Relevo. Paisaxes. Xeoloxía
2.1.8 - Clases de mapas
Pola magnitude do espazo representado, podemos facer esta clasificación:
- Mapamundi: representan o conxunto da superficie terrestre.
- Mapas xeográficos: representan unha superficie considerable do planeta, como un continente.
- Mapas estatais ou rexionais: os que representan España ou Galicia, respectivamente.
- Mapas topográficos: representan unha comarca.
![]() |
|
Mapamundi Representa os continentes o os océanos. (século XVII) |
Planos
Son representacións gráficas dunha superficie urbana ou de espazos moi reducidos.
- Os planos ou mapas catastrais representan extensións moi pequenas do terreo; indican camiños, lindes das terras, casas illadas, etc. Neles, un centímetro equivale a poucos metros na realidade.
- Os planos tridimensionais ou perspectivas permiten observar aspectos invisibles nos outros planos.
Tipos de mapas terrestres
Os mapas terrestres clasifícanse, segundo a información proporcionada, en:
- Mapas físicos. Representan con cores e símbolos os accidentes xeográficos naturais. Os mapas físicos didácticos expresan as elevacións do terreo mediante cores.
- Mapas políticos. Sinalan as divisións políticas e civís: estados, comunidades autónomas, nacións, provincias, cidades, vilas e aldeas. Os mapas políticos inclúen estradas, ferrocarrís, ríos e cordais. Os mapas de estradas son variantes do mapa político.
- Mapas temáticos: ofrecen información especializada sobre un tema. Poden ser económicos (agrícolas, industriais, de servizos), históricos, arqueolóxicos, xeolóxicos, meteorolóxicos e climáticos, hidrográficos, bioxeográficos, artísticos, gastronómicos, etc.
![]() |
|
Plano do século XVIII |
|
Os planos tridimensionais intentan representar as tres dimensións, por iso dan a sensación de perspectiva real. |
![]() |
|
|
|
Mapa temático: Galicia autonómica |
Mapa temático: zonas vitivinícolas de Galicia |
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0


