O planeta Terra. Cartografía. Relevo. Paisaxes. Xeoloxía
2.2.2 - Capas da Terra
A Terra está composta de diversos materiais; de fóra a dentro e de menor a maior densidade, distribúense as capas concéntricas seguintes:
- Atmosfera.É a capa gasosa que envolve a Terra. Protéxea de radiacións que serían letais para os seres da superficie e actúa como regulador térmico. Está composta por unha mestura de gases, ordenados así, de máis a menos abundantes: nitróxeno, osíxeno, dióxido de carbono , argon e vapor de auga.
- Hidrosfera.Está formada polas grandes masas de augas mariñas e continentais. Estas masas tamén regulan a temperatura e son fundamentais para o desenvolvemento de moitas formas de vida.
- Codia, manto e núcleo. Son a parte sólida do planeta. A codia e o manto están compostos por rochas e outros materiais sólidos. No núcleo predominan o níquel e o ferro, polo que tamén se chama Nife.
|
Capas da Terra A codia é a parte externa da zona sólida. Ten un grsor medio de 40 km, maior baixo os continentes e menor baixo os océanos |
![]() |
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0
