Saltar navegación

6. - Exercicios de autoavaliación

Exercicios de autoavaliación

1.    A Terra é un planeta do sistema solar…


Con tres movementos fundamentais.

Con dous movementos: rotación e translación.

Con moitos satélites ao seu arredor.

Con xiro sobre un eixe vertical.


2.    Nos equinoccios...


Os raios solares caen de forma perpendicular sobre o ecuador.

Os raios solares caen de forma oblicua sobre o ecuador.

Os raios solares caen de forma perpendicular sobre os polos.

Os raios solares chegan perpendicularmente aos trópicos.


3.    Os fusos horarios serven para…


Saber a hora en calquera parte da Terra.

Saber as 24 partes en que se divide o ecuador.

Chegar puntual.

Marcar o meridiano de Greenwich.


4.    A confección de mapas apóiase en técnicas de proxección…


Plana.

Cilíndrica.

Plana, cilíndrica e elíptica.

Elíptica.


5.    24 horas equivalen a…


15´

15 ´´

 360º

15º


6.    As coordenadas xeográficas serven para…


Buscar o paralelo.

Buscar o meridiano.

Fixar un punto sobre a superficie terrestre.

Medir a lonxitude dun meridiano.


7.    A diferenza entre mapa e plano radica…


Nos mapas políticos.

Nos mapas temáticos.

No espazo representado en cada caso.

No plano tridimensional.


8.    Para os meridianos, un grao equivale a…


11.111 m

111.11 m

111.111 m

1111.11 m


9.    Domingos Fontán foi un galego universal:


Estudou na universidade de Barcelona.

Foi director do Observatorio astronómico de Santiago.

Dirixiu a Escola de enxeñeiros de camiños.

Foi o autor de Mapa de Galicia ou Carta geométrica de Galicia.


10.    Na biosfera hai…


Plantas, animais e humanoides.

Bióxido esférico.

Plantas, animais e persoas.

Metais, rocha e plantas.


11.    As paisaxes están conformadas por…  


Elevado número de comunidades vivas.

Comunidades de animais sociais.

Relevo e comunidades vivas.

Bosques e praias.


12.    As paisaxes poden ser…


Naturais e humanizadas.

Naturais e vexetais.

Humanizadas e animalizadas.

Transformadas polos amantes da natureza.


13.    As paisaxes naturais están condicionadas:


Polo clima e acción do home.

Polos cultivos.

Polo clima.

Polos cultivos e as edificacións.


14.    As paisaxes de Galicia, pola natureza dos solos, poden ser:


Graníticas e fermosas.

Calcarias.

Arxilosas e lousadas.

Graníticas, calcarias e de lousas e arxilas.


15.    Os axentes internos na formación do relevo da Terra son…


A auga, o vento, a vexetación e o ser humano.

As precipitacións, as augas dos ríos, o vento e os cambios de temperatura.

Os terremotos e os volcáns.

A auga, os terremotos,o xeo e o ser humano.


16.    A porcentaxe de auga respecto da terra é do…


25 %

75 %

33 %

66%


17.    No relevo terrestre hai


Montañas e plataformas continentais.

Vales e fosas.

Montañas, vales, depresións, chairas e mesetas.

Cubetas submarinas húmidas.


18.    As augas mariñas están sometidas a…...


Tres movementos: ondas, moreas e correntes.

Dous movementos: quentes e fríos.

Dous movementos: marea alta e marea baixa.

Tres movementos: ondas, mareas e correntes.


19.    O ser humano apareceu sobre a terra...


Hai catro millóns de anos.

65 millóns de anos.

Dous millóns de anos.

Tres millóns de anos.


Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0