O planeta Terra. Cartografía. Relevo. Paisaxes. Xeoloxía
3.1 - A paisaxe
Na biosfera, é dicir, nas partes da atmosfera, a hidrosfera e a zona sólida nas que hai vida, existen plantas, animais e seres humanos. Ocorre isto fundamentalmente nas capas inferiores da atmosfera, na parte superior dos océanos a onde chegan as radiacións solares, e na superficie dos continentes.
Cada anaco da superficie física da terra está asociado a uns seres vivos determinados. O conxunto da superficie terrestre e as comunidades de seres vivos constitúen a paisaxe.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0