Saltar navegación

5. - Resumo de contidos

I

  • Sistema solar: conxunto de astros que xiran arredor do Sol (planetas, satélites, asteroides, cometas e meteoros).
  • Movementos da Terra: a Terra é un planeta do sistema solar, con dous movementos fundamentais:Puntos cardinais: Norte, Sur, Leste e Oeste. O Leste é o punto cardinal por onde sae o sol nos equinoccios.
    • Rotación: sobre o seu eixe, dura case 24 horas e determina a aparición sucesiva dos días e das noites.
    • Translación: xira arredor do Sol, dura algo máis de 365 días e coa inclinación do eixe orixina a sucesión das estacións: primavera, verán outono e inverno.
  • Coordenadas xeográficas: grazas aos meridianos e paralelos podemos situar un punto sobre a superficie terrestre, mediante a latitude e a lonxitude.Fusos horarios: é cada unha das 24 partes en que se divide a esfera terrestre no ecuador.
    • Latitude: distancia entre o ecuador e un punto calquera da superficie terrestre.
    • Lonxitude: distancia entre o meridiano 0º e un punto calquera da superficie terrestre.

O valor de cada fuso é de 15º e correspóndese cunha hora.

  • Escala: é a relación entre unha lonxitude medida sobre o mapa e a correspondente sobre o terreo. Hai escala numérica e gráfica.
  • Curvas de nivel: representan o relevo da superficie terrestre descrita.
  • Signos convencionais: representan trazos xeográficos.
  • Proxeccións cartográficas: aínda que a Terra é esférica, represéntase frecuentemente sobre superficies planas, mediante técnicas de proxección plana, cilíndrica e elíptica.
  • Cartografía informatizada: mediante fotografías aéreas obtidas desde satélites artificiais e con técnicas informáticas, confecciónanse mapas moi precisos sobre aspectos xeográficos, xeolóxicos, climáticos, biolóxicos ou arqueolóxicos.
  • Clases de mapas:Historia da cartografía: desde o primeiro mapa, de Anaximandro, século VI antes de Cristo, ata hoxe, os mapas perfeccionáronse extraordinariamente. Contribuíron, entre outros: Eratóstenes, Tolomeo, Toscanelli e Mercator.
    • Pola extensión do espazo representado: mapamundi, mapa xeográfico, mapa estatal ou rexional, mapa topográfico.
    • Plano: para espazos reducidos.
    • Polo tema: mapa físico, mapa político, mapa temático (económico, histórico, meteorolóxico…)
    • Pola forma de representar: tridimensional.

 II

  • Relevo: conxunto de formas e accidentes xeográficos que forman a parte exterior da codia terrestre.
  • Capas da Terra: os materiais da Terra distribúense en capas concéntricas:Distribución dos mares e das terras emerxidas: tres cuartas partes da superficie terrestre están ocupadas polas augas. No hemisferio norte existen máis terras ca no hemisferio sur.
    • Atmosfera: capa gasosa de nitróxeno, osíxeno e vapor de auga.
    • Hidrosfera: masas de auga mariña e continental.
    • Codia, manto e núcleo: partes sólidas.
  • Formas topográficas:Tipos de relevo: granítico, de montaña, tropical húmido, tropical seco, desértico e glacial.
    • Relevo terrestre: montañas, vales, depresións, chairas e mesetas.
    • Relevo submarino: plataformas continentais, dorsais, cubetas submarinas e fosas.
  • Glaciar: río de xeo desde as altas montañas a un val ou ao mar.
  • Océanos: son grandes extensións de auga salgada: Pacífico, Atlántico, Índico, Glacial Ártico e Glacial Antártico.
  • Mares: poden ser pechados, mediterráneos e abertos.
  • Movementos das augas mariñas: as augas mariñas móvense arreo en:
    • Ondas: movementos superficiais ondulatorios.
    • Mareas: elevacións e descensos periódicos dos niveis das augas.
    • Correntes: desprazamentos de grandes masas de auga mariña. Orixinadas polos ventos, a rotación terrestre e pola diferente salinidade das augas. Poden ser
      • Quentes: Golfo e Kuro Shivo.
      • Frías: Labrador e Oia Shivo.
  • Plataforma continental: zona do relevo submarino desde o litoral ata os 200 m de profundidade.
  • Augas continentais: as que están nos continentes: torrentes, ríos, lagos, lagoas e augas subterráneas.
  • Illas: espazos terrestres rodeados de auga. Poden ser continentais ou oceánicas.

 III

  • Paisaxe: Na biosfera hai plantas, animais e persoas. Relevo + comunidades vivas = paisaxe.
  • As paisaxes poden ser:Tipos de paisaxes naturais, condicionadas polo clima: selva virxe, sabana, estepa, deserto, taiga e de montaña.
    • Naturais: zonas nas que o relevo, os solos, a rede hidrográfica, a vexetación, a fauna… non foron transformadas polo ser humano.
    • Humanizadas: modificadas polas persoas: cultivos, edificacións, vías de comunicación…
  • Tipos de paisaxes humanizadas: rurais ou agrícolas, e urbanas.
  • Paisaxes de Galicia:Paisaxes vexetais de Galicia: litoral, interior e meridional.
    • Pola natureza dos solos: graníticas, calcarias, de lousas e arxilas.
    • Polas formas orográficas: litoral, val, montañas, serras.

 IV

  • Xeoloxía: ciencia que estuda a forma exterior e interior do globo.
  • Axentes xeolóxicos: modifican a codia terrestre.Formación dos continentes. Teoría da deriva continental, de Wegener: había un único bloque aboiaba sobre unha masa sólida viscosa; fracturouse o bloque, os anacos fóronse desprazando cara ao oeste e ao ecuador, e esta translación aínda continúa.
    • Axentes internos: presións xigantescas que orixinan pregamentos e fallas; volcáns e terremotos ou sismos.
    • Axentes externos (desgastan e igualan a superficie terrestre): ventos, cambios de temperatura, augas correntes, auga do mar e seres vivos.
  • Orixe da Terra:
    • Hai 4.500 millóns de anos a Terra era unha bóla de lume.
    • Descenderon as temperaturas.
    • Consolidáronse as primeiras rochas.
    • Condénsanse os vapores e forman auga.
    • Vaise transformando o planeta Terra.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0