Son animais que viven de forma natural nun lugar determinado.
Exemplo:
O lobo ibérico é un dos animais autóctonos máis coñecido de Galicia.
Ecosistema
Definición:
Lugar onde viven diferentes seres vivos, como plantas, animais e microorganismos, que se relacionan entre si e co ambiente que os rodea, como a auga, o aire e o chan.
Exemplo:
O río é un ecosistema onde peixes, plantas e outros seres vivos conviven en equilibrio.
Habitantes naturais de Galicia
Coñecer os animais autóctonos galegos é o primeiro paso para poder protexelos e concienciar a outras persoas sobre a súa importancia. Son moi importantes porque fan que os ecosistemas de Galicia estean equilibrados e saudables.
Animais autóctonos galegos
Nos montes e bosques...
podemos atopar especies como o raposo, o corzo e o xabaril.
Raposo
Corzo
Xabaril
No ceo...
voan aves como o azor, a píllara das dunas e a curuxa.
Azor
Píllara das dunas
Curuxa
Nos lagos e ríos habitan especies como...
a troita, a lamprea e o salmón atlántico.
Troita
Lamprea
Salmón atlántico
No mar galego tamén hai moitos animais autóctonos, como...
a faneca, o polbo e a robaliza.
Faneca
Polbo
Robaliza
Especies únicas
Ademais, Galicia conta con especies únicas, como o cabalo galego, que leva séculos presente nos nosos montes, ou o caracol de Quimper, que só se atopa nuns poucos lugares do mundo e na actualidade está en perigo de extinción.
Cabalo
Caracol de Quimper
Lectura facilitada
Os animais autóctonos son animais que sempre viviron nun lugar e están adaptados ao medioambiente.
Algúns animais autóctonos galegos son:
Nos montes e bosques, o raposo, o corzo e o xabaril.
Raposo
Corzo
Xabaril
No ceo, a píllara das dunas e a curuxa.
Azor
Píllara das dunas
Curuxa
Nos lagos e ríos, a troita, a lamprea e o salmón atlántico.
Troita
Lamprea
Salmón atlántico
No mar galego tamén hai moitos animais autóctonos, como a faneca, o polbo e a robaliza.
Faneca
Polbo
Robaliza
Galicia conta con especies únicas, como o cabalo galego, que vive nos montes, ou o caracol de Quimper, que está en perigo de extinción.
Cabalo
Caracol de Quimper
Todos son moi importantes para o equilibrio da natureza.
Audio
Para saber máis
Na seguinte ligazón podedes descubrir moitos animais máis da nosa comunidade: Fauna galega (nova xanela):
Explorando a fauna galega
2
Nesta sopa de letras están agochados algúns animais autóctonos de Galicia. Atréveste a atopalos todos?