Diario de aprendizaje
Antes de comezar co diario de aprendizaxe se non sabes o que é, dedica uns minutos a ler as explicacións que podes atopar no apartado "Diario de aprendizaxe" desde esta ligazón.
Nesta primeira fase, descubriches en que consiste o reto e o obxectivo común: planificar e deseñar unha exposición e unha campaña de concienciación sobre a protección das especies animais. Agora, no teu diario debes pensar e escribir sobre "que" e "como" aprendiches nesta fase. Busca a páxina que corresponde á Fase 1 e completa todos os apartados. Dedica uns minutos a pensar. Non teñas présa, non o fagas ao chou, faino con sentidiño. Reflexiona sobre o teu traballo e sobre a maneira na que aprendes. Lembra escribir con sinceridade para coñecer os teus puntos fortes e débiles e así, mellorar a túa aprendizaxe.
Lectura facilitada
Agora toca escribir no diario de aprendizaxe.
Se non sabes o que é un diario de aprendizaxe
podes ir ao apartado sobre o diario de aprendizaxe.
Busca a páxina da fase 1 e completa as actividades.
Pensa antes de responder.