Mans á obra cos carteis!
Unha vez que xa tedes a información dos vosos animais, toca convertela en algo que poidan entender os visitantes da exposición. É hora de comezar a preparar os carteis informativos.

Para facelos, seguiredes os seguintes pasos:
Pasos para preparar os carteis informativos
1º Selección e síntese da información
- Escolleredes que partes da ficha ides poñer no cartel.
- Resumiredes coas vosas palabras o máis importante (non copiedes de internet!).
- Poñeredes títulos, subtítulos e destacaredes algunhas palabras clave.
2º Borrador
- Primeiro faredes un esquema nun folio ou borrador: onde vai o título, as imaxes, os textos, etc.
- Despois decidiredes quen escribe, quen debuxa, quen busca imaxes ou pensa no deseño.
3º Cartel definitivo
- Faredes o cartel definitivo con cartolina, folios grandes ou en formato dixital.
4º Revisión
- Agora que os carteis están case listos, ides facer unha revisión final para asegurarvos de que teñen toda a información necesaria, están claros e ben presentados.
Lectura facilitada
Xa tedes a información dos animais.
Agora toca convertela nun cartel claro e bonito.
Seguiredes os seguintes pasos:
1. Selección da información.
- Escolleredes que datos ides poñer.
- Resumiredes coas vosas palabras.
- Poñeredes títulos e palabras clave.
2. Borrador.
- Faredes un esquema co deseño.
- Repartiredes as tarefas no grupo.
3. Cartel definitivo.
- Podedes facelo en cartolina, folio grande ou formato dixital.
4. Revisión final.
- Comprobade que todo estea ben escrito e explicado.

