Como foi o meu traballo?
| Fíxeno fantástico | Fíxeno moi ben | Vou mellorando | Podo facelo mellor | |
|---|---|---|---|---|
| Participación activa | Participei en todas as actividades da exposición, ofrecendo ideas e axudando en todo o necesario. (2.5) | Participei na maior parte das actividades, aínda que nalgúns momentos estiven menos activa/o. (2) | Só participei en certas tarefas e non sempre estiven implicada/o. (1.50) | Apenas participei nas actividades e colaborei pouco co equipo. (1) |
| Colaboración no equipo | Axudei sempre ás miñas compañeiras e compañeiros, respectei as súas opinións e contribuín ao bo ambiente do grupo. (2.5) | Colaborei co equipo na maior parte do tempo, pero ás veces faltou un pouco máis de interacción. (2) | Colaborei só en certas ocasións e non sempre axudei cando era necesario. (1.50) | Apenas colaborei co equipo e iso fixo que o proxecto fose máis difícil para as demais persoas. (1) |
| Traballo individual | Cumprín todas as tarefas que me corresponderon coidando os detalles e no tempo acordado. (2.5) | Realicei as miñas tarefas ben, aínda que houbo pequenos erros ou atrasos. (2) | Fixen só unha parte do que se esperaba de min e tiven algúns problemas de cumprimento. (1.50) | Non cumprín coas tarefas asignadas, o que dificultou o avance do proxecto. (1) |
| Resolución de problemas | Busquei solucións aos retos da exposición e tiven iniciativa para propoñer ideas novas. (2,5) | Axudei a resolver algúns problemas, pero ás veces precisei apoio doutros para facelo. (2) | Tiven dificultades para atopar solucións ou dependeron moito dos meus compañeiros/as. (1,50) | Non intentei resolver problemas nin contribuín a superar os retos do proxecto. (1) |
- Actividade
- Nome
- Data
- Puntuación
- Notas
- Reiniciar
- Imprimir
- Aplicar
- Nova xanela


