Un gran reto
O oso pardo galego e os seus amigos están en perigo, e queren que todo o mundo saiba por que precisan protección. Pero non poden facelo sós. Necesitan que se lles bote unha man!
Entre toda a clase, ides axudalos a dar a coñecer a súa situación a toda a vosa contorna. Para iso, prepararedes unha exposición interactiva moi especial. Nela non só explicaredes que especies están ameazadas, por que motivo o están e que podedes facer vós para axudalas, senón que tamén as persoas visitantes poderán participar en xogos e actividades para comprender mellor a vida e os riscos aos que se enfrontan estes animais.
Será unha forma divertida e participativa de concienciar ao resto do cole e ás familias, que poderán aprender, xogar e reflexionar convosco para protexer a nosa fauna.
Pensade, investigade e usade toda a vosa creatividade para difundir o que lle está a acontecer a estes animais. O futuro do oso pardo e dos seus amigos depende de vós.
Estades preparadas e preparados para aceptar o reto?

Lectura facilitada
O oso e os seus amigos necesitan axuda.
Hai que protexer a estes animais.
As nenas e nenos do cole teñen que saber o que está a pasar.
O voso reto será crear unha exposición interactiva.
Pensaredes, investigaredes e usaredes a vosa creatividade para dar a coñecer a súa mensaxe.
Preparadas e preparados para aceptardes o reto?