Diario de aprendizaxe

Xa preparaches, xunto cos teus compañeiros e compañeiras, a exposición e fixeches moitas cousas importantes: creaches carteis con información, construíches un ovoscopio, deseñaches diferentes xogos como cartas de invertebrados, o xogo da metamorfose, de cunchas, de camuflaxe, de pegadas de animais…
Agora toca mirar atrás, lembrar o camiño percorrido e compartir como te sentes, que aprendiches e que foi o que máis che gustou. Non teñas medo a facer suxestións que axuden a perfeccionar o proxecto.
Pensa en como foi esta experiencia dende o inicio ata os resultados finais. Esta reflexión axudarache a comprender mellor o proceso e a prepararche para abordar outros retos de aprendizaxe no futuro.
Lectura facilitada
Agora toca lembrar todo o que fixemos.
Compartir como te sentes.
Que aprendiches.
O que máis che gustou.
Facer suxestións e propostas de mellora.
Reflexionar sobre toda a experiencia.
Isto resultarache moi útil para o futuro.