Saltar navegación

4.5. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaTras moito esforzo, completaches a fase 4 e conseguiches o teu obxectivo. Nesta fase puxeches en práctica todo o que aprendiches durante a situación de aprendizaxe. Participaches na preparación da exposición, na creación de xogos, dos paneis informativos e dun espazo para que os visitantes poidan deixar as súas opinións e compromisos. Foi unha experiencia chea de retos, traballo en equipo e aprendizaxes importantes. 

Agora podes escribir no diario sobre como foi todo ese proceso, que desafíos atopaches e como os superaches. Anotar e compartir deste xeito os teus logros, inquedanzas e avances servirache moito na túa aprendizaxe futura.

Ir ao apartado sobre o diario de aprendizaxe (nova xanela).

Lectura facilitada

Completaches a fase 4 e conseguiches o teu reto.

Axudaches a preparar a exposición.

A crear xogos.

A crear os paneis informativos.

A crear o panel de compromisos e de opinión.

Compartiches coñecementos.

Superaches retos, traballaches en equipo e empregaches distintas ferramentas.

Todo o aprendido serache moi útil para o futuro.

Agora debes anotar no teu diario todo o proceso.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)