Recibimos unha mensaxe
Algo inesperado chegou esta mañá á clase. Trátase dunha carta misteriosa enviada por un habitante das montañas e bosques de Galicia.
Preme no sobre e descubre quen a escribe!
Serás ti un/ha das/os valentes investigadoras/es que precisa?
Queridas amigas e amigos,
Necesitamos a vosa axuda! Son un oso pardo que vivo nos bosques de Galicia, pero algo moi malo está a suceder. O meu fogar está desaparecendo, cada vez hai menos árbores e xa non podo atopar a comida que necesito para sobrevivir. Algúns dos meus amigos tamén están en perigo: a aguia real, a píntega rabilonga e o sapoconcho.
Se non facemos algo pronto, podemos desaparecer para sempre. Vós sodes a nosa última esperanza. Podedes axudarnos? Necesitamos investigadoras e investigadores valentes que descubran por que estamos en perigo e como podemos salvar os nosos fogares.
Contamos con vós!

Oso Pardo
Lectura facilitada
Esta mañá chegou unha carta misteriosa á aula.
Escribiuna un oso pardo que vive en Galicia.
O oso conta que o seu fogar está en perigo.
Fáltanlle árbores e comida.
Outros animais tamén corren perigo.
Pide axuda a valentes investigadoras e investigadores.
Quere que descubramos que está pasando
e como podemos axudalos a sobrevivir.
Conta con nós!
